martes, 7 de mayo de 2024

PARTE 2 (2023_24): PRIMEIROS PASOS CON SCRATCH. ESTRUTURAS SECUENCIAIS.

Antes de comezar con Scratch temos que saber que o escenario sobre o que se programa é un diagrama de Coordenadas Cartesiano. Así que hai que entendelo:

Diagrama de COORDENADAS CARTESIANO:

Mira o seguinte video para ver que é e como se situan puntos nel (Fíxate que está en español latinoamericano e cando di "eje ye" sería "eje y"):


ACTIVIDADE 1: ATOPAR O VERME.
Para praticar como van as coordenadas cartesianas xoguemos a atopar o verme:



ACTIVIDADE 2: SAIR DO LABIRINTO.
E agora axudemos ó verme a sair do labirinto:

CREAR CONTA DE SCRATCH:

Acceder á web de Scratch para programar online.
Crear conta en Scratch facendo clic en "Únete".
Terás que dar unha direción de correo electrónico. Se non tes ti unha escribe unha de teus pais.
Verificar a conta accedendo ó teu mail (ou dicíndolle a teus pais que accedan) e seguindo o link que che remitiu Scratch.

Coordenadas e ángulos en Scratch:


Explicación en clase sobre:
- Elementos da interface.
- Engadir personaxes
- Cambiar fondo
- Engadir son
- Bloques de código
- Traxes
- Crear programa sinxelo facer andar ó gato (para mostrar estes contidos):



Comecemos con SCRATH seguindo os titoriais de CÓDIGO OCTOPUS.
Ler o problema a resolver. 
Visualizar/probar como debería quedar o programa resolto. 
Guiarse pola proposta de solución.
Ampliar o programa cos exercicios complementarios (non é obrigatorio pero se se fai dará máis nota). 

Crear os programas seguintes e gardalos co nome indicado:

ENTREGA DE PROGRAMAS:
Para entregar os programas ides a compartilos no noso ESTUDIO DE CLASE
Segue os pasos:
1.- primeiro tes que compartir o teu programa na nube de Scratch. Dentro do teu programa, clic no botón laranxa Compartir  (se non che aparece o botón "compartir" é porque ainda no entrache no teu mail para verificar a conta de Scratch).
2.- agora tes que publicar o teu programa no noso ESTUDIO DE CLASE. Copia a dirección url do teu programa no apartado de "Engadir proxecto" e clic en "Engadir por URL". No momento verás como aparece publicado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario